HomeOurenseOurenseDeputados do PP de Ourense e León reclaman a Transportes que comprometa...

Deputados do PP de Ourense e León reclaman a Transportes que comprometa unha data de 2025 para licitar as obras do primeiro tramo da autovía A-76 entre Villamartín da Abadía e Requejo

- Anuncio -spot_img

• Lembran que o goberno de Pedro Sánchez incumpriu flagrantemente os compromisos de licitar estas obras en 2023 e 2024

• “Consumimos xa o primeiro trimestre de 2025 e consideramos que o Goberno xa non pode seguir dando escusas nin seguir coa repetitiva mención de que <>” afirma Celso Delgado


O 22 de abril de 2025, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas Ester Muñoz de la Iglesia e Silvia Franco rexistraron unha pregunta no Congreso dirixidas ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) para impulsar a execución dos tramos da autovía A-76 entre O Barco de Valdeorras e Ponferrada.
Esta é a pregunta:
“O 2 de marzo de 2023, o secretario xeral de Infraestruturas, dependente do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma), Xavier Flores visitou os traballos da estrada de circunvalación do Barco de Valdeorras e atendendo a preguntas dos medios de comunicación sobre os tramos pendentes da autovía Ourense-Ponferrada respondeu: “Este ano pasaremos dos proxectos a que salga a licitación a obra do tramo Villamartín da Abadía-Requejo”.
O 30 de xullo de 2024 o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMA) difundiu unha nota de prensa que entre outros extremos dicía que “o secretario de Estado de Transportes e Movilidad Sostible, José Antonio Santano, anunciou que está previsto que o proxecto de construción do primeiro dos trece tramos da A-76 estea listo para aprobación a finais de 2024 e posterior licitación, en concreto o tramo leonés Villamartín da Abadía e Requejo. Este tramo enmárcase no proxecto da A-76 para unir as provincias de León e Ourense polo Bierzo.”
O 30 de decembro de 2024 o ministro de Transportes e Movilidad Sostible, Óscar Puente, presidiu a posta en servizo completa dos novos viadutos do Castro da autovía A-6. Na nota de prensa difundida polo MITMA fíxose referencia a outros temas de mobilidade de Galicia e Castela e León, sinalándose que “as infraestruturas cohesionan territorios, ofrecen oportunidades aos cidadáns e corrixen desigualdades, tal e como sinalou o ministro.”
Pero non se citou entre esas infraestruturas de estradas cohesionadoras á A-76- En todo caso, escoitado o audio das palabras do ministro Óscar Puente nese acto inaugural, houbo unha leve referencia á autovía Ourense-Ponferrada. Foi esta: “Na A-76 seguimos mantendo o compromiso de materialización do seu primeiro tramo para conectar coa A-6” Unha referencia pobre, sen concreción algunha de data de licitación ou da aprobación do proxecto de construción.
O 21 de febreiro de 2025 o Goberno respondeu á nosa pregunta sobre este tramo e dixo: “En relación co asunto interesado, sinálase que o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible ten en redacción o proxecto do tramo Villamartín da Abadía-Requejo (provincia de León), correspondente á autovía A-76 (PonferradaOurense).
Consumimos xa o primeiro trimestre de 2025 e consideramos que o Goberno xa non pode seguir dando escusas nin seguir coa repetitiva mención de que “ten o proxecto en redacción”.
Exposto o anterior preguntamos:
En que mes de 2025 comprométese o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana a aprobar o proxecto de construción do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo?
En que mes de 2025 comprométese o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana a licitar as obras do primeiro tramo da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) entre Villamartín da Abadía e Requejo?

Publicacións Relacionadas