Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas.
O 17 de abril conmemórase o Día Mundial da Hemofilia. Dende a Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), entidade membro de COGAMI, van levar a cabo unha campaña de visibilización coa iluminación de edificios públicos para sensibilizar sobre unha doenza que en Galicia supera a cifra de 300 persoas afectadas, 3.000 no Estado Español.
Os Concellos que colaboran con esta campaña tralos solpor son:
A Coruña iluminará de vermello a Fonte de Catro Camiños.
Santiago de Compostela, o Pazo de Raxoi.
Ferrol, o Pazo Municipal.
Lugo, a Casa Consistorial.
Ourense, a Ponte Romana.
Pontevedra, o Pazo Provincial.
Vigo, as Fontes da Rúa Aragón, o edificio administrativo da Xunta de Galicia e a escultura O Titán do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Tomiño, o edificio do Concello.
AGADHEMO pide tamén a colaboración de toda a cidadanía para que difundan nas súas redes sociais tanto fotos cos edificios públicos tinguidos de vermello como tamén ataviados con algunha prenda de vestir vermella utilizando os hashtags #diamundialhemofilia #whd2024 e mencionando a entidade @agadhemo.