Home Ourense Hoxe, a militancia de Podemos Ourense mostrou o seu firme compromiso coa...

Hoxe, a militancia de Podemos Ourense mostrou o seu firme compromiso coa defensa dos servizos públicos ao apoiar a mesa PROCAPD

- Anuncio -

Hoxe, a militancia de Podemos Ourense mostrou o seu firme compromiso coa defensa  dos servizos públicos ao apoiar a mesa PROCAPD na mobilización convocada fronte á  Casa do Chocolate. Nun acto marcado pola unidade e a determinación, todas as  presentes berramos alto e claro que a cidadanía ourensá, e especialmente as familias  afectadas, non permitirán que se faga negocio cos seus fillos e fillas.  

O Portavoz Provincial, Víctor Ferreiro, afirmou o seguinte: ‘’Reclamamos unha xestión  directa e pública do Centro para Persoas con Discapacidade (CAPD), un servizo esencial  que debería ser unha prioridade indiscutible para a Xunta de Galicia. A decisión anunciada  pola Conselleira de Política Social, Fabiola García, de ceder a xestión a unha “asociación  sen ánimo de lucro” non é máis que outro intento de desmantelar a responsabilidade  pública e abrir a porta á privatización encuberta, un modelo que pon en risco a calidade do  servizo e a dignidade das persoas usuarias’’  

Asimesmo o Portavoz do Círculo, Francisco Diéguez, afirmou que ‘’a loita pola xestión  pública é unha loita polos dereitos fundamentais. Estamos aquí para dicir que non  aceptaremos que o CAPD sexa tratado como unha mercadoría ou unha oportunidade de  negocio. Falamos dun recurso esencial para as persoas con discapacidade e as súas  familias, que require unha planificación baseada no interese público e non na rendibilidade  económica’’.  

É imprescindible que a Xunta de Galicia rectifique esta decisión e tome medidas que  aseguren unha atención pública, directa e de calidade, coa dotación de recursos  necesarios para cubrir as necesidades reais das persoas usuarias. O modelo público non  só é garantía de transparencia, senón tamén de igualdade e acceso universal.  

Desde Podemos Ourense queremos subliñar que esta non é só unha batalla das familias  afectadas, senón de toda a sociedade. A defensa dos servizos públicos é unha causa  común que nos implica a todas e todos, porque cando se privatiza un servizo esencial,  pérdese un dereito colectivo. Non calaremos ante este intento de converter o dereito en  privilexio. 

Seguiremos na rúa, loitando ao carón das familias e dos colectivos sociais, porque  sabemos que xuntas somos máis fortes. A cidadanía de Ourense non permitirá que se  ignore a súa voz, e esiximos á Xunta que asuma as súas responsabilidades: o CAPD é  público e público debe permanecer.

Relacionadas

Luis Menor destaca a “innovación” na prestación de servizos nas áreas industriais durante a...

0
O presidente da Deputación puxo en valor esta iniciativa, na que a institución provincial financiou o 40% do investimento, cualificándoa de “área pioneira” Menor reafirmou...

O PP nomea á concelleira Ana Méndez como portavoz do grupo municipal no Concello...

0
O Partido Popular acordou hoxe o nomeamento da concelleira Ana Méndez como nova portavoz do grupo municipal no Concello de Ourense. Méndez Gil (Ourense,...

O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións do Programa de axudas ás...

0
- O prazo de solicitude será de 6 meses ­ As actuacións subvencionables deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026 O Concello de Ourense convoca...

A Deputación colabora coa rodaxe na provincia do filme “As Augas” baixo a dirección...

0
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu á directora e ao produtor, Alfonso Zarauza, que recalcaron o “orgullo” que supón “amosar o potencial da provincia,...

A Xunta de Goberno Local aprobou 9 acordos na súa primeira sesión ordinaria do...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 9 acordos na súa primeira sesión do ano 2025, que se desenvolveu este mediodía...

A Deputación impulsa a ampliación e a mellora da seguridade do acceso ao balneario...

0
O obxectivo principal é construír un muro de contención no camiño que dá entrada ao recinto, fomentando así unha mobilidade sostible a pé por...

Publicacións Relacionadas