HomeOurenseLuis Menor: “Desde Ourense tamén queremos demostrar que o PP é unha...

Luis Menor: “Desde Ourense tamén queremos demostrar que o PP é unha alternativa sólida e fiable para recobrar a esperanza que necesita España”

- Anuncio -spot_img

O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, lanzou hoxe unha mensaxe de esperanza para recobrar a convivencia en España e demostrar que tamén desde Ourense o PP “é unha alternativa sólida e fiable”. Luis Menor fixo esta afirmación na sede provincial, onde acudiu para participar no proceso de votación ao candidato a presidir o PP nacional, estando acompañado pola representante dos populares da cidade, Ana Méndez.

No congreso do mes de xullo os populares de toda España elixirán de novo a Alberto Núñez Feijóo “como o noso líder”, dixo o presidente provincial, “pero sobre todo como esa esperanza que España necesita nun momento tan complexo como este”, por culpa do Goberno de Sánchez e a degradación política e ética.

Para Luis Menor, a reválida de Feijóo á fronte do PP nacional suporá unha nova oportunidade para que poida demostrar ante a cidadanía a súa “experimentada capacidade de xestión, como fixo en Galicia durante trece anos de goberno”.

Este é un día importante para o Partido Popular, afirmou, pois máis aló dun acto de organización interna do PP estanse dando novos pasos para que, con Feijóo, “recobremos o sentido de país e centremos a atención nos problemas dos cidadáns”.

O proceso de votación ao candidato a presidir o PP nacional celébrase na provincia de Ourense nos 12 puntos habilitados noutras tantas comarcas.

Publicacións Relacionadas