Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor preside a Rede de Vilas Termais da Federación Española de...

Luis Menor preside a Rede de Vilas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias durante o presente mandato

- Anuncio -

O presidente provincial agradeceu a confianza e salientou que este acordo “supón o recoñecemento ao liderado e traballo que desenvolve a Deputación e a provincia en materia de termalismo”

Avanza tamén Menor que desde esta rede de ámbito nacional “trataremos de aportar o mellor de nós e atraer os maiores beneficios e investimentos nesta área, tan estratéxica para a provincia de Ourense”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, presidirá a Rede de Vilas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias durante todo o presente mandato. Os vicepresidentes serán os alcaldes de Cuntis e Cerdedo-Cotobade, Manuel Campos Belay e Jorge Cubela López, respectivamente. A Rede de Vilas Termais nace ao amparo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), coa fin de promocionar as entidades locais con augas minerais medicinais e termais. Na actualidade está composta por 77 corporacións locais de todas as comunidades autónomas de España.

Luis Menor agradeceu “a confianza depositada pola FEMP na Deputación de Ourense para liderar durante catro anos esta rede” e salientou que este acordo “reafirma o posicionamento da provincia de Ourense como un dos principais territorios termais de España”. Ademais, sinalou que asumir a presidencia desta rede “evidencia o gran traballo realizado nos últimos anos na Deputación a prol deste sector diferenciador e estratéxico para o desenvolvemento do noso territorio”.

De feito, Menor anunciou que “traballaremos para aportar a nosa experiencia nunha materia onde Ourense xoga un papel moi destacado a nivel nacional. Aportaremos o mellor de nós para atraer os maiores beneficios nesta área, tan estratéxica para a provincia”.

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

A Deputación recibe este domingo 28 de xullo a 140 cativos de 29 concellos...

0
Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas Os campamentos da Lanzada da...

A Deputación leva este sábado a Budiño ata Moaña e a Dakidarría ata Tomiño...

0
O concerto de Budiño terá lugar ás 23:30 horas no Paseo marítimo de Moaña e o de Dakidarría ás 22:30 horas na Praza do...

Publicacións Relacionadas