Home Ourense Marta Novoa: “Confío moito nos veciños de San Cibrao das Viñas e,...

Marta Novoa: “Confío moito nos veciños de San Cibrao das Viñas e, con ilusión e responsabilidade, quero que confíen en min para seguir mellorando o noso concello”

- Anuncio -

● A cabeza de lista do PPdeG en San Cibrao das Viñas o vindeiro 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdeG a súa ilusión e responsabilidade por liderar a candidatura popular no seu concello

● “Son unha persoa traballadora, enérxica e fiable. Confío moito nos veciños de San Cibrao das Viñas e, con ilusión e responsabilidade, quero que confíen en min para seguir mellorando o noso concello”

● “É unha sorte ter ao meu carón a Manuel Pedro Fernández (actual alcalde de San Cibrao das Viñas) e toda a súa experiencia. Xa avanzo que seguirei contando con el para esta nova andadura, é un gran mestre”

● “Dende pequena gustoume moito montar e desmontar obxectos. Por iso, cando tiven que decidir a miña carreira universitaria elixín ser enxeñeira industrial, unha profesión que axuda a dar solución aos problemas. E esta vocación por arranxar as cousas continúa en política: aínda que non é un perfil moi habitual neste eido, creo que os enxeñeiros temos habilidade para planificar e artellar solucións aos problemas dos veciños”

● “San Cibrao das Viñas ten dúas cousas moi importantes: industria e natureza. Por unha banda, somos o concello industrial de Galicia, cun polígono de case 5 millóns cadrados e medio millar de empresas. E por outra banda temos un marabilloso entorno natural, con tesouros coma A Boutureira”

● “Estou namorada de San Cibrao das Viñas. Podería vivir en calquera pobo do meu concello: son moi fermosos, teñen paraxes naturais e as casas están moi coidadas grazas ao investimento dos veciños e a axuda do Concello”

● “O meu obxectivo é seguir aumentando os servizos públicos en San Cibrao das Viñas. Por iso a partir do 28 de maio liderarei un novo proxecto para avanzar neste modelo, reforzando os servizos e infraestruturas demandadas polos nosos veciños en cuestións chave como a sanidade, a cultura ou o deporte de base”

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

· O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia

· A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas