Home Deputacións Deputación Ourense Montalegre acollerá a primeira proba do Campionato do Mundo FIA de Rallycross

Montalegre acollerá a primeira proba do Campionato do Mundo FIA de Rallycross

- Anuncio -

Esta cita portuguesa, referente no calendario mundial do automobilismo, presentouse un ano máis en Ourense para achegar aos afeccionados deste territorio os detalles da competición que se celebrará os días 3 e 4 de xuño

Hoxe, na presentación da proba en Ourense, estiveron Sébastien Loeb, Johan Kristofferson, Timmy Hansen, Kevin Hansen, Niclas Grönholm, Klara Andersson, Ole Christian Veiby, Gustav Bergstrom e Iván Ares

Os organizadores da proba, o municipio de Montalegre e Automóbil Club de Vila Real, esperan 20.000 espectadores portugueses e españois no circuíto internacional de Montalegre -que cumpre 25 anos- nun fin de semana no que acollerá ata catro competicións

O municipio de Montalegre acollerá a primeira proba do Campionato do Mundo FIA de Rallycross o vindeiro fin de semana, 3 e 4 de xuño. Os organizadores da proba, o municipio de Montalegre e Automóbil Club de Vila Real, volveron a escoller a nosa cidade para presentar esta cita portuguesa, referente xa no calendario mundial do automobilismo. Na presentación, que tivo lugar esta mañá na rúa Cruz Vermella, participaron o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; a alcaldesa do municipio de Montalegre, Fátima Fernandes; da dirección de Automóbil Club de Vila Real, Eduardo Ferreira, acompañados por varias estrelas mundiais do RX como Sébastien Loeb, Johan Kristofferson, Timmy Hansen, Kevin Hansen, Niclas Grönholm, Klara Andersson, Ole Christian Veiby, Gustav Bergstrom e Iván Ares.

O presidente do Inorde agradeceu aos organizadores da proba, que esperan 20.000 espectadores portugueses e españois no circuíto internacional de Montalegre -que cumpre agora 25 anos-, que escolleran un ano máis “Ourense para presentar esta proba e traernos ata aquí a estrelas do rally a nivel mundial para que os numerosos afeccionados da nosa provincia poidan coñecer os detalles da competición e a moitos dos seus referentes do automobilismo”.

Así mesmo, Rosendo Fernández destacou o traballo de colaboración permanente que existe entre Ourense e Montalegre e que se materializa a través de proxectos europeos, pero tamén en eventos deportivos como a “Ourense Strade Termal” que promociona os recursos turísticos de ambos territorios.

Pola súa parte, a alcaldesa de Montalegre, quen agradeceu a alta asistencia de galegos nesta proba, salientou que tiñan que presentar aquí esta proba “porque somos conscientes da paixón que sentides polo rallycross” e agradeceu que a gran acollida que sempre ten este evento en Ourense.

Montalegre World RX de Portugal

A fin de semana do 3 e 4 de xuño celebraranse en Montalegre ata catro competicións: o Campionato do Mundo RX1e, con coches 100% eléctricos de 500 kW de potencia (case 700 CV), tracción ás catro rodas e capaces de acelerar de 0 a 100 km. /h en dous segundos; o Campionato de Europa RX1, con Supercoches con motores de gasolina e máis de 600 CV; o Campionato de Europa RX3, con S1600 de gasolina de dúas rodas motrices; e unha carreira de Kartcross de apoio, con case dúas ducias de pilotos portugueses e españois, entre os que destaca o piloto galego, Iván Ares, que participou hoxe na presentación.

O World RX é un dos tres campionatos mundiais da FIA que visitan Portugal, xunto co WRC (rallyes) e o WEC (resistencia). Na carreira raiña participarán estrelas mundiais como o francés Sébastien Loeb (Special One Racing), que regresa á FIA ​​World RX cinco anos despois da súa última participación, o finlandés Niclas Grönholm (CE Dealer Team) e a sueca Klara Andersson (CE Dealer Team). O embaixador oficial do Montalegre World RX de Portugal, Bernardo Sousa debutará ao volante dunha máquina de World Rallycross, conducindo o coche de demostración Volvo CE.

Relacionadas

O PSdeG-PSOE esixe á Luís López que cumpra coa súa palabra e reabra de...

0
Ana Laura Iglesias recorda ao presidente da Deputación que se comprometeu á reapertura da oficina en canto a igrexa estivera aberta ao público e...

Luis López sinala os programas provinciais SmartPeme, DemoDay, TurisTic ou os Premios á Xuventude...

0
O presidente provincial pecha a segunda edición da gala de emprendemento SmartPeme na que cinco empresas pontevedresas presentaron o seu innovador modelo de negocio “Vexo...

Rafa Domínguez enxalza a reinterpretación das obras do Museo de Pontevedra realizada por Mónica...

0
Mañá inaugúrase esta mostra “coa que a artista luguesa establece diálogos entre a colección permanente do Museo e a arte contemporánea a través da...

O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro a un grupo de alumnos do...

0
O deputado provincial de Acción Comunitario, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, recibiu nas instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro a un...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

Luisa Sánchez remarca o apoio de 120.000 € da Deputación ao Coruxo FC na...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou as instalacións do Campo do Vao na última xornada de adestramentos da tempada do Coruxo...

Publicacións Relacionadas