O alcalde felicita a Víctor López e Aarón Vidal, que participarán no campionato de España de volei praia e formarán parte da selección

Redacción

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no Concello aos xogadores Víctor López e Aarón Vidal, e o adestrador, Alex Prada, do Club Ourense Vólei Praia.

Alcalde e concelleiro desexáronlles moita sorte aos deportistas ourensáns nos seus próximos retos. En primeiro lugar, participarán no campionato nacional de volei praia, logo de gañar dúas probas do campionato galego en categoría sénior. Posteriormente, incorporaranse á selección nacional de voléi praia da súa categoría.

Comparte este artigo