O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá no salón de plenos do Concello os integrantes do Club Ximnasia Pavillón de Ourense e do Club Ximnasia Burgas, que veñen de completar unha excelente tempada deportiva.
O alcalde e o concelleiro felicitaron a ambos os dous equipos polos magníficos resultados obtidos nas diferentes competicións, así como polo gran labor de formación dos e das deportistas como persoas. “Grazas por todo o que aportades a esta cidade”, manifestou Gonzalo Jácome, quen subliñou que Ourense “realmente está destacando” nesta modalidade grazas ao traballo que realizan estes clubs. Así mesmo, o rexedor expresou a vontade do goberno municipal de seguir traballando na mellora das instalacións deportivas da cidade, entre elas as dedicadas a ximnasia.
O acto reuniu no salón de plenos a ximnastas, adestradores e ás presidentas de ambas as dúas entidades, Carmen Blanco, do Club Ximnasia Pavillón, e Isaura Hermida, do Club Ximnasia Burgas.

