O alcalde felicita o Sanysec Ourense Atletismo feminino polo seu primeiro posto no Campionato de España e ascenso á División de Honra

Redacción

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e os concelleiros de Deportes, Aníbal Pereira, e Obras Públicas, Francisco Lorenzo, recibiron esta mañá no Concello o equipo feminino Sanysec –Club Atletismo Ourense, logo da súa exitosa participación no Campionato de España de Clubs. As ourensás proclamáronse campioas da Primeira División e acadaron o ascenso á División de Honra. Ao acto, no salón de plenos, asistiron as atletas, o presidente do equipo, Óscar Seoane, e o CEO de Sanysec, empresa patrocinadora, Celso Moure.

Alcalde e concelleiros felicitaron o club ourensán  por este sensacional resultado. Será a terceira vez que o equipo feminino de Ourense compita en División de Honra despois das tempadas 2007-2008 e 2009-2010. “É impresionante o que conseguistes”, asegurou o alcalde, quen subliñou especialmente o feito de que o Sanysec –Club Atletismo Ourense está formado casi integramente por atletas de Ourense: “é un ascenso de Ourense, un logro inaudito polo difícil que é”, manifestou. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes trasladoulles ás mozas que “a cidade está moi orgullosa de como nos representades”, e o desexo de que disfruten nesta nova categoría, na elite do atletismo español.

Comparte este artigo