A nova dotación transforma unha parcela en desuso nun complexo de lecer que inclúe área de xogos infantís e unha pista deportiva con cancha de baloncesto.
O mobiliario, instalado pola firma HPC Ibérica, está fabricado en aceiro inoxidable da máis alta calidade para garantir a súa durabilidade e seguridade.
O Alcalde, acompañado polo concelleiro de Urbanismo, inaugurou esta mañá as novas instalacións de lecer e deporte na zona da Praza Taboada Chivite, un proxecto que supón a revitalización integral dun espazo urbano que se atopaba en estado de abandono.
Coa apertura deste novo recinto, o Goberno municipal dá cumprimento a unha reivindicación histórica da asociación de veciños do barrio no pasado sen chegar a materializarse. “Era unha obra moi demandada á que se lle prometeu solución moito veces, pero que aínda non se puido executar. Hoxe vemos o resultado: unha zona totalmente abandonada reconverteuse nun espazo vital para o barrio, combinando un parque infantil e unha pista deportiva”, destacou o Alcalde durante a súa visita.
A zona infantil, destinada a nenos de entre 3 e 12 anos, foi equipada pola empresa HPC Ibérica. Destaca especialmente a elección dos materiais, utilizando maioritariamente aceiro inoxidable, a opción de máis alta gama no mercado de mobiliario urbano, o que garante unha máxima resistencia, durabilidade e un mantemento eficiente a longo prazo.
Con esta nova infraestrutura, que facilita desde o xogo infantil ata a práctica do baloncesto, o Concello reafirma o seu compromiso coa mellora dos servizos en todos os barrios e a creación de contornas seguras, modernas e accesibles para os cidadáns.

