– O prazo de solicitude será de 6 meses
As actuacións subvencionables deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026
O Concello de Ourense convoca novas subvencións dentro do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio.
No Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) publicase hoxe o extracto do acordo relativo á convocatoria pública de subvencións para os contornos residenciais de rehabilitación programados (ERRP), cun orzamento destinado de 1.812.800,00€.
O programa de actuación subvencionado incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.-NextGenerationEU, limitase á rehabilitación de edificios ou vivendas unifamiliares. Con el tentase estimular a rehabilitación en materia de aforro enerxético dos ERRP do Concello de Ourense antes denominados áreas de rehabilitacións integral (ARI):
- ERRP Conxunto Histórico de Ourense.
- ERRP Núcleo de Interese Etnográfico de Seixalbo.
- ERRP O Polvorín- As Camelias-A Carballeira.
- ERRP Serra San Mamede- Cruceiro Quebrado- A Inmaculada.
As actuacións subvencionables son as melloras ou rehabilitación de edificios de uso predominante residencial para vivenda, sempre que se obteña unha redución de, cando menos, o 30% do consumo de enerxía primaria non renovable, referida á rehabilitación enerxética.
A contía das subvencións vai en función do aforro enerxético acadado , así pode ir desde o 40% para aforros entre o 30% e o 45%, 65% para aforros entre o 45% e o 60% e 80% en aforros superiores ao 60%. En casos de vulnerabilidade as subvencións soben e poderán chegar ao 100%.
O crédito dispoñible por ERRP é o seguinte:
ERRP Conxunto Histórico de Ourense – 723.800,00€ para un máximo de 45 actuacións.
ERRP NIE de Seixalbo – 189.000,00€ para un máximo de 21 actuacións.
ERRP O Polvorín, As Camelias, A Carballeira– 792.000,00€ para un máximo de 144 actuacións.
ERRP Barrios Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada– 108.000,00€ para un máximo de 24 actuacións.
O prazo de presentación de solicitudes será de 6 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de Ourense.
Para máis información, como persoas interesadas poden consultar o texto completo da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/b/es /ind ), na web do Concello de Ourense e na sede electrónica ou contactar co Servizo de Rehabilitación, na rúa Gracia Mosquera núm. 19, teléfono 988 388 109, ofperi@ourense.es