Rueda participa na inauguración do Mundial de Triatlón que reunirá a 5.4oo deportistas de máis de 100 países ata o domingo en Pontevedra

Redacción
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asiste á cerimonia de inauguración da Gran final das series mundiais de tríatlon (2026 World Triathlon Championship Finals)Praza de España (Pontevedra), 23/09/26.

A comunidade recibe a elite dunha disciplina que conta con gran tradición en Galicia e os éxitos internacionais de Iván Raña, Javier Gómez Noya ou Susana Rodríguez Gacio

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na cerimonia de inauguración da Gran final das series mundiais de tríatlon (2026 World Triathlon Championship Finals) que se celebran na cidade de Pontevedra ata o vindeiro domingo.

Catro días nos que Galicia albergará a elite mundial desta disciplina que compaxina ciclismo, atletismo e natación. Un total de 5.400 deportistas de 100 países diferentes loitarán por alzarse cunha medalla neste mundial que volve celebrar as súas finais en Pontevedra, logo das organizadas hai tres anos.

Galicia convértese ata o domingo no epicentro mundial do tríatlon, un deporte que conta con grandes campións na comunidade como Javier Gómez Noya -cinco mundiais e unha prata olímpica-; Susana Rodríguez Gacio -dobre ouro nos xogos olímpicos de Tokio e París- ou Iván Raña -campión mundial no 2002-.

Comparte este artigo