Home Ourense O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións do Programa de...

O Concello abre o prazo de solicitude de subvencións do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio

- Anuncio -

– O prazo de solicitude será de 6 meses

­ As actuacións subvencionables deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026

O Concello de Ourense convoca novas subvencións dentro do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) publicase hoxe o extracto do acordo relativo á convocatoria pública de subvencións para os contornos residenciais de rehabilitación programados (ERRP), cun orzamento destinado de 1.812.800,00€.

O programa de actuación subvencionado incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.-NextGenerationEU, limitase á rehabilitación de edificios ou vivendas unifamiliares. Con el tentase estimular a rehabilitación en materia de aforro enerxético dos ERRP do Concello de Ourense antes denominados áreas de rehabilitacións integral (ARI):

  • ERRP Conxunto Histórico de Ourense.
  • ERRP Núcleo de Interese Etnográfico de Seixalbo.
  • ERRP O Polvorín- As Camelias-A Carballeira.
  • ERRP Serra San Mamede- Cruceiro Quebrado- A Inmaculada.

As actuacións subvencionables son as melloras ou rehabilitación de edificios de uso predominante residencial para vivenda, sempre que se obteña unha redución de, cando menos, o 30% do consumo de enerxía primaria non renovable, referida á rehabilitación enerxética.

A contía das subvencións vai en función do aforro enerxético acadado , así pode ir desde o 40% para aforros entre o 30% e o 45%, 65% para aforros entre o 45% e o 60% e 80% en aforros superiores ao 60%. En casos de vulnerabilidade as subvencións soben e poderán chegar ao 100%.

O crédito dispoñible por ERRP é o seguinte:

ERRP Conxunto Histórico de Ourense – 723.800,00€ para un máximo de 45 actuacións.

ERRP NIE de Seixalbo – 189.000,00€ para un máximo de 21 actuacións.

ERRP Polvorín, As Camelias, Carballeira– 792.000,00€ para un máximo de 144 actuacións.

ERRP Barrios Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada– 108.000,00€ para un máximo de 24 actuacións.

O prazo de presentación de solicitudes será de 6 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de Ourense.

Para máis información, como persoas interesadas poden consultar o texto completo da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/b​​​​​​/es /ind ), na web do Concello de Ourense e na sede electrónica ou contactar co Servizo de Rehabilitación, na rúa Gracia Mosquera núm. 19, teléfono 988 388 109, ofperi@ourense.es

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

O Concello de Ourense continúa cos trámites para a reparación da locomotora 24-2072 tipo...

0
Decidiuno esta mañá nunha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente A Xunta de Goberno ordinaria aprobou 18 acordos Esta mañá tivo lugar unha Xunta de Goberno...

Publicacións Relacionadas