HomeOurenseOurenseO Concello abrirá mañá o prazo da convocatoria de subvencións ás asociacións...

O Concello abrirá mañá o prazo da convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais, dotada con 125.000 euros

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense, atendendo ao Plan estratéxico e co obxectivo prioritario de fomentar e consolidar o asociacionismo veciñal e a participación cidadá, publica no día de hoxe, martes, 24 de xuño, as bases e a convocatoria das Subvencións a asociacións veciñais para o funcionamento e a realización de programas ou actividades para o ano 2025.

A estas subvencións poderán acollerse aquelas asociacións veciñais constituídas legalmente, que presenten programas ou actividades, tales como actividades lúdicas, festivas, culturais ou deportivas, cuxo obxecto sexa mellorar a convivencia e que favorezan a relación, a colaboración e a integración entre a veciñanza e que non conten con axudas municipais específicas.

O gasto destinado a cubrir estas subvencións é de 125.000 €, segundo o acordo aprobado pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión ordinaria do día 05 de xuño de 2025.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles. Abrirase mañá, mércores, 25 de xuño, e rematará o martes 15, de xullo, que será o último día.

As bases e a convocatoria pódense consultar na páxina web do Concello ou no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe. Para mais información, as persoas interesadas poden dirixirse ás dependencias de Participación Cidadá do Concello de Ourense, na Praza San Martiño, número 2.

Publicacións Relacionadas