O Concello abrirá o vindeiro luns 18 de maio o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Música de Ourense

Redacción

A Concellería de Educación do Concello de Ourense abrirá o prazo de preinscrición  do 18 de maio as 9:00 h da mañá ao 8 de xuño as 14:00 h, ambos incluídos.

Para optar a unha praza na Escola Municipal de Música de Ourense para o curso 2026/27, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario de preinscrición habilitado para tal fin.  O prazo de preinscrición será do 18 de maio as 9:00 h ao 8 de xuño as 14:00h , ambos incluídos.

 A inscrición será exclusivamente en liña a través do seguinte enlace: 

https://actividades.ourense.gal/formulario/PREEMM26/gl

A adxudicación provisional das prazas realizarase con posterioridade ao prazo de preinscrición, unha vez revisadas as solicitudes e a documentación achegada, e aplicados os criterios de baremación, selección e organización recollidos nas normas.

As listaxes provisionais das persoas admitidas publicaranse na web municipal de Educación, https://educacion.ourense.gal, o día 1 de setembro.

As listaxes definitivas publicaranse posteriormente na mesma web, na data que se comunicará máis adiante, xunto coa información relativa ao proceso de matrícula, prazos, horarios e demais indicacións necesarias.

Comparte este artigo