Home Ourense O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas da Festa dos Maios 2024

- Anuncio -

O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo

O Concello aumenta os premios dos concursos de maios e coplas e recupera a categoría de maios creativos

A Xunta de Goberno aprobou tamén as bases das axudas para libros de texto e comedores escolares para o curso 2024/2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta semana as bases e a convocatoria do concurso que premiará as mellores coplas e maios que participen na Festa dos Maios de Ourense 2024, que terá lugar o primeiro domingo, día 5, do mes de maio. Tamén aprobou as bases da convocatoria para a concesión de axudas para a compra de libros de texto, material escolar e comedor ás familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo para o curso 2024-2025. A Xunta de Goberno aprobou 19 asuntos na xuntanza que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos

Artes e festexos (1)

Aprobar as bases e a convocatoria do Concurso de Maios e coplas de Ourense 2024. O concurso incorpora diferentes novidades para estimular a participación. Por unha banda, recupera a categoría de maios creativos (nos que se permite utilizar calquera técnica ou material), aumenta a contía dos premios en diferentes categorías e amplía o número de premios ás mellores coplas: de xeito que recibirán galardón as 3 mellores coplas infantís e as 3 mellores de persoas adultas (non só a primeira, como en anos anteriores).

Os premios serán:

  • Premios maios artísticos: 900, 700 e 500 euros
  • Premios maios enxebres: 600, 400 e 300 euros
  • Premio maio infantil: 300, 200 e 100 euros
  • Premio maio creativo: 300€
  • Premios coplas (persoas adultas): 300, 200 e 100€
  • Premio coplas infantís; 300, 200 e 100€

Os maios presentados recibirán tamén unha axuda de 350 euros por participar.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anima a veciñanza a participar na celebración dos Maios: “é unha festa tradicional de Ourense que estamos reforzando cada ano, cunha grande asistencia de xente. Esperamos que a participación sexa masiva, como foi nos últimos anos, tanto de xente que expón e fai maios como de quen vai velos ese día. Animamos a todas as asociacións, grupos etc. a que se xunten, poñan toda a ilusión do mundo e non perdan esa magnífica tradición”, manifestou. Pérez Jácome adiantou que a programación de xornada incluirá a actuación musical de María do Ceo.

Asuntos sociais (1)

Aprobar a convocatoria para a concesión de axudas para libros de texto, material escolar e comedor escolar correspondentes ao curso 2024-2025. Están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes e empadroadas no Concello, que non superen os 4.000 € de renda per cápita anual para as axudas de libros e material e os 3.700 € para as de comedores. Computarase un membro máis se algún deles presenta unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou no caso de ser familia monoparental. A convocatoria destina 25.000 € para axudas de libros de texto e material escolar e 269.250 € para axudas para comedores escolares.

Rehabilitación (1)

Outorgar definitivamente unha subvención de 10.816,40 euros, solicitada por unha particular para as obras de rehabilitación dunha vivenda (cambio de carpinterías nun inmoble da rúa dos Fornos), na ARRU do Centro Histórico.

Infraestruturas (6)

Recoñecer 6 obrigas a favor da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil

Avogacía Consistorial (10)

A Xunta de Goberno Local deu conta de 2 sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2, 1 auto do número 1, e de 3 decretos (2 Contencioso número 2 e outro do número 1). Tamén tomou coñecemento de que o Concello foi emprazado para comparecer en 4 procedementos xudiciais.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas