Home Ourense O Concello avanza na rehabilitación do antigo cárcere e estima que as...

O Concello avanza na rehabilitación do antigo cárcere e estima que as obras comezarán a principios de 2024

- Anuncio -

O proxecto transformará o edificio abandonado nun referente arquitectónico e cultural

O Concello valora diferentes posibilidades de uso para o inmoble, que podería ser sede da UNED ou espazo multiusos municipal

O investimento previsto roza os 4 millóns de euros, dos que se solicitaron case 3 millóns de fondos europeos

O Concello de Ourense avanza na rehabilitación do edificio do antigo cárcere da rúa do Progreso, e estima que as obras comezarán a principios de 2024. A Corporación pon en coñecemento público o proxecto que transformará o edificio abandonado nun referente arquitectónico e cultural.

O Concello valora diferentes posibilidades de uso para o inmoble, que podería ser sede da UNED ou espazo multiusos municipal. O documento técnico prevé un uso mixto docente e administrativo, que permitiría ambas opcións. Á súa vez, as obras darán como resultado unhas instalacións flexibles que admitirán con facilidade outros usos como o sociocultural ou o comercial, descartando o uso de hotel balneario por non admitir un número suficiente e a disposición correcta das habitacións e demais estancias necesarias.

O investimento total previsto roza os 4 millóns de euros, dos cales se solicitaron case 3 millóns de fondos europeos. A metade dese importe destinarase a actuacións de mellora da eficiencia enerxética, destinando o restante á mellora da accesibilidade, da habitabilidade, da sustentabilidade ambiental e á conservación do edificio.

A proposta aproveita as vantaxes que proporciona o inmoble histórico, situado nunha parcela exenta, de tal modo que se facilita a execución da obra e se reducen os prazos. As actuacións son respectuosas coa protección patrimonial e arqueolóxica do edificio, e facilita unha tramitación áxil das autorizacións sectoriais pertinentes.

Unha vez rematadas as obras, e en conxunto coa próxima reapertura do edificio nobre da Praza de Abastos, revitalizarase o tramo da rúa do Progreso situado entre a Alameda e o Xardín do Posío, acabando cos máis de 35 anos de abandono e deterioración continuada do centro para proceder a devolvérllelo á vida pública das cidadás e dos cidadáns.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas