HomeOurenseO Concello celebrará a Festa dos Maios con exposición na rúa do...

O Concello celebrará a Festa dos Maios con exposición na rúa do Paseo, un obradoiro, canto das coplas e un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense organizará o domingo, 4 de maio, unha nova edición da Festa dos Maios, declarada de interese turístico de Galicia, cunha programación de actividades que se desenvolverán pola mañá e pola tarde na cidade.

Ás 11:00 horas, na rúa do Paseo comezarán a exposición dos maios que participan no concurso convocado polo Concello para esta celebración.

Tamén ás 11.00 h comezará un obradoiro de confección de coroas e peiteados, na confluencia da rúa do Paseo con Alejandro Outeiriño (xunto á escultura da Leiteira), até as 18.00 h

Ás 11.30 h, haberá ruada cos cabezudos e xigantes con música tradicional, pola Rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Rúa da Paz, Rúa das Tendas e Praza Maior

Ás 12.00 horas será o canto de coplas, diante do xurado, na rúa do Paseo

Ás 19:00 horas comezará a entrega de premios do concurso de coplas e maios, e o canto das mellores cantigas na Praza Maior

Ás 19:30 horas, a programación continuará cun concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre na Praza Maior.

Premios do concurso

O concurso para premiar os mellores maios e coplas que convoca o Concello, incrementa premios con respecto a anos anteriores. Haberá 6 categorías:

  • Maio artístico(o que recrea, cos elementos tradicionais, escenas cotiás, monumentos, personaxes, etc): 1º Premio de 1.000 €, 2º de 800 €, 3º de 600 €
  • Maio enxebre(maio tradicional e figurativo que representa pirámides, conos ou cruceiros): 1º 700 €, 2º 500 €, 3º 400 € 
  • Maio creativo(representación de maios enxebres como pirámides, conos ou cruceiros, podendo utilizar calquera técnica ou material): 500 €
  • Maio infantil(realizado por menores de 18 anos, colexios, ANPAs, etc).  1º Premio 500 €, 2º Premio 300 €, 3º Premio 200 € 
  • Mellores coplas de persoas adultas: premios de 500 €, 300 € e 200 € 
  • Premio Mellores coplas infantís1º Premio 500 €, 2º de 300 €, 3º de 200 €

A organización concederá unha axuda de 400 € a todos os maios participantes

Publicacións Relacionadas