O Concello construirá un novo pavillón que acollerá a actividade dos equipos de ximnasia da cidade

adminON
Lectura mínima de 1

O alcalde recibiu a Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia As Burgas, e felicitounos polos excelentes resultados da última temporada

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron no salón de plenos do Concello os equipos Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia As Burgas, aos que felicitaron polos excelentes resultados deportivos acadados durante a última temporada.

O alcalde avanzoulles a deportistas e persoal técnico dos clubs que o goberno municipal prevé construír un novo pavillón deportivo especializado que sirva como sede para a práctica da ximnasia na cidade en todas as súas diferentes especialidades. O rexedor explicou tamén que o polideportivo do Campo da Feira, onde estes equipos adestran na actualidade, destinarase a parque acuático termal. Porén, advertiu que o Concello coordinará os prazos de execución de ambos os dous proxectos para que o novo pavillón estea dispoñible antes de acometer as obras no polideportivo do Campo da Feira.

Comparte este artigo