O alcalde, representantes dos grupos municipais e membros da comunidade venezolana na cidade sumáronse ao acto convocado na Praza Maior
O Concello de Ourense gardou hoxe, ás 12.00 horas, un minuto de silencio na Praza Maior como mostra de apoio e respecto ás vítimas dos terremotos sufridos en Venezuela, e de solidariedade con toda a poboación afectada pola catástrofe.
O acto contou coa participación do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, representantes dos grupos políticos municipais, e integrantes da ampla comunidade de venezolanos e venezolanas que residen en Ourense. Xuntos, estenderon unha bandeira tricolor de Venezuela diante do Concello.
Con esta concentración, Ourense sumouse ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que convidaba as entidades locais a convocar este acto de apoio hoxe, luns, ás 12.00 horas.

