O Concello de Ourense convoca un minuto de silencio ás 12.00 horas na Praza Maior en memoria das vítimas da traxedia de Los Gallardos

Redacción

O Concello de Ourense convoca un minuto de silencio hoxe, venres, 10 de xullo, ás 12.00 horas na Praza Maior, en memoria das vítimas da traxedia de Los Gallardos

O Concello súmase así á convocatoria  realizada esta mañá pola Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP). Ante a magnitude da traxedia acaecida esta madrugada na localidade almeriense, que se cobrou a vida de polo menos 12 persoas, así como 19 desaparecidos e varios feridos, a FEMP convida hoxe a convocar minutos de silencio ás 12.00 horas, ás portas dos concellos e sedes provinciais e insulares, como mostra de apoio e respecto ás vítimas e en solidariedade cos afectados.

Comparte este artigo