Home Ourense O Concello instalará un sistema de cámaras para controlar o acceso de...

O Concello instalará un sistema de cámaras para controlar o acceso de vehículos ao Centro Histórico da cidade

- Anuncio -

Tamén instalará cámaras de control de tráfico en rotondas e radares de control de velocidade


A xunta de gobernó aprobou o expediente para contratar estas subministracións, cun orzamento de case un millón de euros financiado parcialmente pola UE – Fondos Next, a través do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA)

O Concello de Ourense instalará un sistema de cámaras de control de accesos á zona peonil do centro histórico da cidade. Tamén instalará cámaras de control de tráfico en rotondas e radares de control da velocidade dos vehículos na cidade. A xunta de goberno local aprobou este mediodía en sesión extraordinaria o expediente para contratar a subministración destes equipos, aos que dedicará un orzamento de 964.106,07 euros, IVE engadido.

O proxecto está financiado parcialmente con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, ao abeiro do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano (aprobado pola Orde TMA/892/2021, de 17 de agosto).

No acordo, a Xunta de Goberno Local dispón tamén a apertura do procedemento de adxudicación do contrato, mediante procedemento aberto.

O contrato abrangue as seguintes prestacións:

Subministración e instalación dun sistema de vídeo – vixilancia dos accesos á zona peonil do centro histórico da cidade de Ourense.
Este sistema constará dun total de 17 equipamentos de control de acceso con sistema de cámaras de contorna (incluíndo equipo multisensor, sistema LPR de recoñecemento de matrículas, equipamentos de comunicacións e infraestrutura auxiliar). En 4 dos 17 equipamentos, o sistema LPR de recoñecemento de matrículas será dobre (en 2 sentidos da circulación).

A subministración e instalación dun sistema de cámaras de control de tráfico en rotondas e outros puntos conflitivos de interese da cidade.
A subministración e instalación de 7 cinemómetros fixos e 1 cinemómetro móbil para o control da velocidade do tráfico na cidade de Ourense.
A realización dos investimentos necesarios en hardware e software da infraestrutura central de control de tráfico para a interconexión e operatividade dos sistemas
O mantemento do sistema fornecido durante un prazo de 2 anos (ampliable ata cinco a través da oferta do adxudicatario).
A formación do persoal encargado de operar os sistemas.
Características

O prego de condicións aprobado esta mañá establece que o sistema de control deberá ser flexible, escalable, reconfigurable e permitir o desenvolvemento e implantación de futuras aplicacións dirixidas obter información para novas necesidades (establecemento de zonas de baixas emisións, realización de estatísticas de tráfico rodado por tipoloxía de vehículos, ou outras análogas que poidan xurdir). Así, e obxectivo de dispoñer dun sistema non intrusivo con limitacións físicas, óptase por un sistema de cámaras que identificará mediante lectura de matrícula o vehículo e unhas segundas de apoio que gravarán a contorna e infracción.

Os controis de acceso ao centro histórico instalaranse en:

Cruzamento R. Paseo – R. Parque S Lázaro

Cruzamento R. Paseo – R. Concordia

Cruzamento R. Progreso – R. Alejandro Outeiriño

Cruzamento R. Progreso – P. Fonte do Rei

Cruzamento P. Bispo Cesáreo – P. Maior

Cruzamento R. Progreso – R. Doutor Marañón

Cruzamento R. Burgas – As Burgas

Cruzamento P. Ferrería – R. Pelaio

Cruzamento R. García Mosquera – R do Vilar

Cruzamento R. Padre Feijóo – R. Dous de Maio

Cruzamento R. Xose Ramón Fdez – P. Rafael Dieste

Cruzamento R. Rafael Dieste – P. de San Cósmede

Cruzamento R. Coenga – P. de San Cósmede

Pena Corneira

Cruzamento R. San Francisco – R. Arturo Pérez Serantse

Cruzamento R. Santo Domingo – R. da Concordia

Cruzamento R. Santo Domingo – R. Parque S Lázaro

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas