O Concello instalará unha pantalla xigante na Praza Maior para o España – Portugal do Mundial de fútbol

Redacción

O Concello de Ourense instalará unha pantalla xigante na Praza Maior para que o público ourensán poida seguir a retransmisión en directo do partido de oitavos de final da Copa do Mundo de fútbol, que disputarán o vindeiro luns, 6 de xullo, as seleccións de España e Portugal, desde as 21.00 horas.

O goberno municipal tiña previsto comezar a realizar estas retransmisións no caso de que España chegase á rolda de cuartos de final do campionato. Porén, comezará xa no partido de oitavos de final deste luns dado o excepcional interese deste partido, que enfrontará a España con Portugal.

Comparte este artigo