O Concello organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia

Redacción

A rúa Pena Trevinca acollerá as actuacións musicais do 2 ao 4 de outubro

O programa inclúe tamén as tradicionais barracas e atraccións festivas

O Concello de Ourense organiza as Festas de San Francisco 2026, que se celebrarán durante a primeira fin de semana do vindeiro mes de outubro. A oferta musical concentrarase na rúa Pena Trevinca e contará con tres grandes citas para as xornadas do venres, sábado e domingo.

O venres, 2 de outubro, A Gramola abrirá o ambiente festivo en sesión nocturna, desde as 23.30 ata as 3.00 horas.

O sábado, 3 de outubro, será o concerto da orquestra Combo Dominicano, con pase de noite entre as 23.30 e as 2.30 horas.

O domingo, 4 de outubro, a orquestra París de Noia pechará o cartel festivo con actuación en sesión de tarde, de 19.00 a 22.00 horas.

Ademais dos espectáculos musicais, o programa inclúe a instalación das tradicionais barracas e atraccións festivas para todos os públicos

Comparte este artigo