O Concello presenta as Festas da Ponte 2026, con tres das mellores orquestras de España e grandes espectáculos de rúa

Redacción

O alcalde Gonzalo Jácome avanzou o cartel, coas actuacións de Combo Dominicano, La Misión, París de Noia e A Gramola

Complétase con “Quimera”, da compañía de Pablo Méndez, a homenaxe a Houdini do mago Pedro Volta, os fogos artificiais e as barracas

As Festas da Ponte 2026 terán este ano “unha das mellores programacións de actividades da súa historia”. Así o asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen presentou a relación de propostas lúdicas, musicais e de lecer organizadas polo Concello para os días 24, 25 e 26 de xullo no barrio ourensán.

A programación musical conta coas actuacións de tres das cinco mellores orquestras de España na actualidade: Combo Dominicano, La Misión e París de Noia, e unha sesión da disco-mobil de máis éxito de Galicia, A Gramola.

O apartado escénico será tamén destacado. As festas arrincarán co espectáculo de rúa Quimera, a cargo de Pablo Méndez, unha das compañías de grandes formatos máis importantes de España, con máis de 20 anos de traxectoria e 3 millóns de espectadores en todo o mundo.

Pola súa banda, o ilusionista galego Pedro Volta ofrecerá unha proposta de alto impacto visual onde renderá unha homenaxe especial ao lendario Harry Houdini no centenario do seu falecemento. O programa inclúe tamén as barracas festivas e a tradicional e espectacular sesión de fogos artificiais dende a Ponte Romana.

PROGRAMACIÓN DAS FESTAS DA PONTE 2026

24 a 26 de xullo. Organiza: Concello de Ourense

Venres 24 de xullo

  • 22.15 h | Espectáculo de rúa: Quimera, por Pablo Méndez (Lugar: Parque Ribeira de Canedo)
  • 23.30 h | Orquestra: Combo Dominicano (Lugar: Avenida de Santiago)

Sábado 25 de xullo

  • 22.00 h | Espectáculo de Pedro Volta: Homenaxe a Houdini (Lugar: Ponte Romana)
  • 22.45 – 23.45 h e 00.15 – 02.15 h | La Misión (Lugar: Avenida de Santiago)
  • 23.59 h | Fogos artificiais (Lugar: Ponte Romana)
  • 00.15 – 03.15 h | A Gramola Sesión DJ’s (Lugar: Rúa Vicente Risco)

Domingo 26 de xullo

  • 21.00 – 00.00 h | Orquestra: París de Noia (Lugar: Avenida de Santiago)
Comparte este artigo