O Concello publica a listaxe definitiva de cualificación das solicitudes de axudas para libros e comedores escolares 2024/25

adminON
Lectura mínima de 1

De acordo coas bases da convocatoria, o Concello de Ourense publica no seu taboleiro de anuncios e na páxina web a resolución e a listaxe definitiva de cualificación dos expedientes de solicitudes de axudas para a compra de libros de texto, material escolar e de comedores escolares para o curso 2024/2025.

A listaxe pódese consultar durante o prazo dun mes en:

  • Rúa Primavera, número 1, baixo.
  • No taboleiro de anuncios do Concello de Ourense.
  • Na páxina web do Concello

As persoas beneficiarias terán un prazo de 10 días (desde hoxe, xoves, 19 de setembro, até o mércores, 2 de outubro, ambos incluídos), para aceptar ou rexeitar a subvención. No caso de non producirse manifestación expresa entenderase aceptada tacitamente

Toda a información en:

Detalles da publicación (ourense.gob.es)

Comparte este artigo