Home Ourense O Concello realiza unha poda de seguridade no parque de San Lázaro...

O Concello realiza unha poda de seguridade no parque de San Lázaro para garantir a seguridade das persoas

- Anuncio -

O Concello de Ourense procedeu á poda controlada das pólas arqueadas das árbores do Parque de San Lázaro, que presentaban un perigo para a seguridade das persoas. Varias pólas entraron en colapso nos últimos días partíndose e caendo sobre a rúa San Lázaro, sobre os paseos do parque e sobre as terrazas, afortunadamente sen provocar danos persoais.

O patrimonio arbóreo da cidade debe ser xestionado asegurando o seu correcto desenvolvemento, cumprindo coa normativa vixente, e minimizando as interferencias cos diferentes elementos que conforman o espazo construído urbano. Así, para garantir a seguridade das persoas e dos bens, o departamento de Medio Ambiente decidiu proceder á poda das pólas que presentan grandes arqueamentos que comprometían a súa estabilidade estrutural con motivo das intensas choivas e os fortes refachos de vento xerados pola borrasca de mediados do mes de xuño.

Tendo en consideración que a zona de caída das ramas é unha das máis concorridas da cidade de Ourense e que baixo algunha das ramas perigosas atópase unha área de xogos infantís, procedeuse a realizar unha poda de seguridade eliminando unicamente aquelas pólas que presentaban un risco potencial de colapso estrutural.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas