Home Ourense O Concello reestruturá en outono as liñas e servizos de autobuses para...

O Concello reestruturá en outono as liñas e servizos de autobuses para mellorar a mobilidade na cidade

- Anuncio -

Unha liña circular vertebrará Ourense con frecuencias cada 8 minutos, conectando os puntos claves desde a residencia ata A Ponte, e marcará “un antes e un despois”, na mobilidade urbana, asegura o alcalde

Pérez Jácome constatou con traballadores e concesionaria a conveniencia deste novo modelo durante a súa mediación para por fin á folga de autobuses

O Concello de Ourense implementará en outono unha reestruturación do servizo de autobuses urbanos para mellorar a mobilidade na cidade. Será cun novo deseño de liñas e frecuencias que terá como principal novidade unha liña circular que vertebrará a cidade conectando os puntos clave desde A Ponte á residencia, con vehículos cada 8 minutos, e que marcará “un antes e un despois” na mobilidade da cidade.

Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que durante a súa mediación para por fin á folga do servizo de autobuses, puido contrastar cos traballadores e coa empresa concesionaria a profunda necesidade de reestruturación do servizo, cuxo esquema de rutas e frecuencias ten xa 35 anos de antigüidade e non se adapta polo tanto ás necesidades de mobilidade actuais da veciñanza de Ourense.

A principal novidade será a implementación dunha liña circular central de alta frecuencia, que vertebrará a mobilidade na cidade, conectado puntos clave para a cidadanía, como a residencia, barrio de San Francisco, Auditorio-biblioteca, As Lagoas-campus universitario, A Ponte-estación intermodal, edificio de Xulgados- Pavillón dos Remedios, Alameda, Xardín do Posío e barrio de Mariñamansa.

Un modelo que, explica o alcalde, “garantirá unha mellor mobilidade na cidade, fomentará o uso do autobús nos desprazamentos urbanos da veciñanza, que disporá con autobuses cada 8 minutos para desprazarse aos puntos clave da cidade”

Con esta reestruturación, o goberno municipal pretende tamén na medida do posible, cumplir as expectativas de moitos cidadáns e colectivos que trasladaron demandas e propostas para unha mellora do servizo.

Reestruturación, novos autobuses e nova concesión

O goberno municipal decide que a reestruturación se implemente en outono, nun momento estratéxico para este servizo municipal, que proximamente incorporará novos vehículos de última xeración e licitará un novo contrato para escoller a empresa que xestionará a concesión durante os próximos anos. O alcalde entende que neste escenario é conveniente que o redeseño de liñas esté operativo xa no próximo outono para que cando cheguen os novos autobuses, as liñas estean plenamente operativas e redunden nunha mellora adicional polas súas prestacións

Paralelamente, o Concello de Ourense avanza na licitación do contrato para outorgar a concesión do servizo para os próximos anos, coa previsión de que saia a concurso en novembro e se poida adxudicar en xullo do próximo ano. A empresa que resulte adxudicataria asumirá en consecuencia o novo deseño de liñas e utilizará os novos autobuses.

O alcalde de Ourense explicaba esta mañá que “unha vez que o servizo de autobuses está restablecido logo de que rematase a folga coa nosa mediación fundamental, é o momento de acometer esta reestruturación. Durante as reunións que mantivemos tanto coa empresa como cos traballadores aproveitamos para estudiar o modelo actual e contrastamos que é necesario facer un cambio, porque realmente clama ao ceo, e niso coinciden todos, polo que faremos unha reestruturación de liñas de acordo á nosa filosofía”

Así, adianta Pérez Jácome que “se cambiarán case todas as liñas e horarios” subliñando que “ademais das liñas que cohesionan a periferia e o centro de Ourense, implementarase unha gran liña circular que conectará os puntos clave da cidade, con alta frecuencia, polo que desaparecerán os horarios, e cohesionarán tamén toda a urbe: estación de tren, residencia, xulgados, Pavillón dos Remedios, Alameda, Mariñamansa, San Francisco, Campus universitario ou As Lagoas. Vai haber un antes e un despois desta liña circular, e todo estará mellorado en xaneiro cos novos autobuses de última xeración que virán”.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas