Lembra que a entrada ao recinto é libre e gratuita, ata completar o aforo máximo
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense reforza desde hoxe o control de aforo no recinto de Oira. Esta medida adóptase para garantir a seguridade e o confort das persoas usuarias ante as alertas meteorolóxicas por altas temperaturas que se están a declarar na cidade.
O acceso ao complexo acuático continúa a ser libre e gratuíto ata completar o aforo (capacidade máxima de 2.000 persoas simultáneas no recinto interior).

