Home Ourense O corte de tráfico por obras na Avenida das Caldas aprázase até...

O corte de tráfico por obras na Avenida das Caldas aprázase até despois das Festas do Nadal

- Anuncio -

O corte de tráfico da Avenida das Caldas aprázase até despois das Festas do Nadal. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, atendendo a petición realizada por comerciantes do barrio da Ponte, solicitou á Xunta de Galicia que aprazase o peche desta rúa para a execución de obras, que a administración autonómica tiña previsto levar a cabo desde o vinrdeiro luns, día 9, até o venres, 20 de decembro, no marco do proxecto do eixo de mobilidade sostible entre a estación intermodal e a Ponte Vella.

O rexedor demandaba adiar o corte de tráfico ao día 7 de xaneiro coa finalidade de evitar prexuízos ao sector comercial, durante un dos seus períodos máis importantes de actividade e vendas do ano, evitar dificultades na organización do tráfico, non ocasionar molestias no tránsito peonil da zona, especialmente intenso durante estas datas, e facilitar o axeitado desenvolvemento das actividades previstas para a celebración do Nadal.

A Xunta de Galicia atendeu esta solicitude e comunicoulle hoxe ao Concello que atende esta petición, polo que se apraza o corte de tráfico das obras.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

O Concello de Ourense continúa cos trámites para a reparación da locomotora 24-2072 tipo...

0
Decidiuno esta mañá nunha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente A Xunta de Goberno ordinaria aprobou 18 acordos Esta mañá tivo lugar unha Xunta de Goberno...

Publicacións Relacionadas