As restricións afectarán principalmente á Ponte do Milenio, á N-120 e á Ponte Ribeiriño
O espectáculo de fogos artificiais das Festas de Ourense ocasionará cortes e restricións de tráfico este domingo, 21 de xuño. O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé estas medidas:
Para a instalación da infraestrutura da pirotecnia, a Ponte do Milenio pecharase ao tráfico no sentido barrio da Ponte, desde as 7.00 horas. A partir das 23.00 horas, a ponte estará pechada ao tráfico nos dous sentidos.
A partir das 23.45 horas, pecharanse tamén ao tráfico:
- Rotonda do acceso centro coa N-120: na A-52 en dirección centro cidade. A circulación que acceda desde a rúa Castro Canseco desviarase en Bispo Lourenzo.
- Nacional 120: á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, desviándose o tráfico por Díaz de la Banda.
- Ponte Ribeiriño: desde a glorieta con Basilio Álvarez e no acceso a Ervedelo.

