Home Ourense O Instituto Xeográfico Nacional fixa os límites entre os concellos de Ourense...

O Instituto Xeográfico Nacional fixa os límites entre os concellos de Ourense e de San Cibrao das Viñas

- Anuncio -

A medición xorde a partir das diferenzas detectados entre os límites que recollían as actas, orixinais de 1920, e os rexistros do Catastro.

As novas coordenadas fixas serán validadas polo Rexistro Central de Cartografía, o que lles dará amparo xurídico.

A capital realizará o mesmo proceso con todos os concellos limítrofes.

Os concellos de Ourense e de San Cibrao das Viñas poden, desde hoxe, coñecer o seu límite xeográfico exacto. Técnicos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN, do seu nome en castelán) presentaron esta mañá, no salón de plenos, as conclusións dos traballos técnicos de recuperación e replanteo da liña do límite xurisdicional entre ambos concellos, xa que as actas que rexían na actualidade databan de 1920 e, polo tanto, eran inexactas.

Os cálculos presentados polo IGN, ante representantes institucionais de Ourense -entre eles o propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome- e de San Cibrao, así como técnicos de Infraestruturas e de Planeamento e Xestión, establecerán as coordenadas fixas. Estas serán validadas polo Rexistro Central de Cartografía, o que lles dará amparo xurídico. Na última fase, ambos concellos deberán corroborar as medicións para establecelas definitivamente e darlles cobertura legal.

A medición do IGN xorde a partir das diferenzas detectados entre os límites que recollían as actas e os rexistros do propio Catastro. É por iso que a idea do Concello de Ourense é a de repetir o mesmo proceso co resto dos concellos limítrofes: O Pereiro de Aguiar, Coles, Amoeiro, Punxín, Toén e Barbadás.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas