- Os representantes do PP de Ourense comprometéronse a trasladar ás institucións as peticións formuladas polos colectivos asistentes, ademais de mobilizar ao conxunto do partido -cargos públicos e militancia- co fin de que poidan contribuír a atopar canles e fórmulas de colaboración
Unha representación do Partido Popular de Ourense, encabezada pola secretaria xeral Sandra Quintas, reuniuse na sede provincial do PP cos representantes das asociacións de venezolanos na provincia -Alma Llanera, Cantaclaro e Federación Venezolana de Galicia-, co fin de estudar vías de colaboración para facer chegar a axuda humanitaria que se está a recoller por toda a provincia para os damnificados polos tremores.
No encontro constatáronse as dificultades que atopan as asociacións tanto para manexar o material recollido como para facelo chegar a Venezuela, tendo en conta ademais que as necesidades cambian a medida que pasan os días e que será precisa moita máis axuda durante moitos meses.
Os representantes do PP de Ourense comprometéronse a trasladar ás institucións as peticións formuladas polos colectivos asistentes, ademais de mobilizar ao conxunto do partido -cargos públicos e militancia- co fin de que poidan contribuír a atopar canles e fórmulas de colaboración coa cidadanía venezolana.

