HomeOurenseO PP de Vilardevós denuncia a falta de subministro de auga desde...

O PP de Vilardevós denuncia a falta de subministro de auga desde hai 3 días que afecta á veciñanza de Vilardevós, Santa María e Dona Elvira

- Anuncio -spot_img

O día 21, a primeira hora da mañá, a veciñanza das localidades de Vilardevós, Santa María e Dona Elvira espertaron sen subministro de auga municipal nos seus domicilios. Nun primeiro momento pensouse que fora unha avaría como se teñen producido noutros momentos, pero non foi así.

Hoxe, día 23 de xuño, a situación segue sendo a mesma, provocando entre a poboación graves dificultades para realizar as súas tarefas habituais. A falta de auga está afectando especialmente a persoas maiores e con discapacidade, así como á residencia de maiores de Vilardevós, o centro de saúde, comercios ou cafeterías.

Unha situación que está a causar moito malestar entre a poboación debido a falta de información.

Dende o Grupo Municipal Popular esiximos que se de unha solución inmediata a esta situación e unha explicación clara sobre as causas da falta de auga, así como un plan de acción para evitar que se repita no futuro estes problemas.

Publicacións Relacionadas