HomeOurenseO proxecto Mixturando, no que está implicado o GDR Limia Arnoia, “será...

O proxecto Mixturando, no que está implicado o GDR Limia Arnoia, “será unha ferramenta magnífica para afondar na economía verde e a sostibilidade”, di Menor

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa colaborativa, na que están integrados os GDR Limia Arnoia, Terra e Auga do Condado Paradanta e o asturiano de Camin Real de la Mesa, desenvolve novas estratexias de valoración do bosque mixto atlántico en Asturias e Galicia

O presidente provincial destacou que Mixturando “traballará durante estes dous anos con entidades locais, aportando iniciativas moi importantes para a creación de modelos de aproveitamento da masa forestal nos tres territorios dos GDR implicados”

O mirador do Pedreiriño, en Entrimo, acolleu esta tarde a presentación do proxecto Mixturando, no que están integrados os GDR Limia Arnoia, Terra de Auga do Condado Paradanta e o asturiano de Camin Real de la Mesa, e que que desenvolve novas estratexias de valoración do bosque mixto atlántico en Asturias e Galicia.

Tal e como explicou o presidente provincial na presentación desta iniciativa, a súa importancia radica non só nesa posibilidade de futuro, senón no amplo análise que é preciso para acometer este proxecto que une esforzos e integra intereses comúns dos territorios: “A unión é garantía de éxito, e a cooperación é a fórmula máxica para acadar este obxectivo.”, sinalou Luis Menor, quen avanzou que Mixturando “será unha ferramenta magnífica para afondar na economía verde e a sostibilidade”.

Por ultimo, o presidente da Deputación manifestou os seus parabéns por esta acción colaborativa “que vén de dar un fruto tan importante e cheo de futuro para o noso medio rural, que servirá de guía e apoio para os concellos, “unha ferramenta de futuro ilusionante e innovadora que de seguro suporá un antes e un despois para a provincia de Ourense”.

Publicacións Relacionadas