A Policía Local desenvolverá un dispositivo especial de tráfico para o desenvolvemento do evento deportivo
A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo especial de tráfico deseñado para a celebración do Rallye de Ourense 2026. Para garantir os estritos protocolos de seguridade necesarios para o desenvolvemento desta actividade, levaranse a cabo cortes e restricións de tráfico que afectarán de forma notable á circulación de vehículos no centro da cidade.
O xoves, 11 de xuño, haberá restricións operativas e cortes puntuais nos viarios afectados polo itinerario da proba. A medida de maior impacto na mobilidade urbana será o venres, 12 de xuño, ás 18.00 h, co corte total do tráfico rodado nas rúas Concejo e Curros Enríquez (no tramo cuprandido entre Juan XXIII e a Avenida da Habana). Este peche manterase de forma ininterrompida ata o sábado 13, unha vez finalizado o evento.
Como itinerario alternativo, para mitigar o impacto sobre a conectividade do centro urbano, habilitarase de forma provisional o dobre sentido de circulación na rúa Juan XXIII (no tramo situado tras a Subdelegación do Goberno). Deste xeito, os condutores poderán acceder a través desta vía cara á Avenida da Habana en dirección a Curros Enríquez.
Afeccións puntuais e restricións
Asimesmo, o desenvolvemento da proba (accesos ao Parque Pechado e Reagrupamentos no Parque de San Lázaro) xerará afeccións puntuais e restricións nestes horarios:
- Xoves, 11 de xuño:
- 30 h – 21.00 h: Restricións polo acceso de vehículos ao Parque Pechado desde Expourense.
- 00 h – 00.00 h: Cortes puntuais pola Cerimonia de Saída (itinerario: Parque de San Lázaro cara a Expourense).
- Venres, 12 de xuño:
- 00 h – 12.15 h: Restricións polo acceso dos vehículos procedentes do tramo de adestramento (Shakedown).
- 45 h: Afección pola entrada da caravana ao Reagrupamento (Parque de San Lázaro).
- 15 h: Restricións pola saída do Reagrupamento cara a Expourense.
- Sábado, 13 de xuño:
- 20 h: Control de acceso ao Parque Pechado desde Expourense.
- 15 h: Restricións pola saída de vehículos cara a Expourense.
- 50 h: Entrada e posicionamento na zona de Reagrupamento (Parque de San Lázaro).
- 50 h: Saída do Reagrupamento cara a Expourense.
- 20 h: Entrada final e estacionamento no Parque Pechado.
Planificación e colaboración
Desde a organización e as forzas de seguridade faise un chamamento aos condutores e usuarios para que planifiquen os seus desprazamentos coa debida antelación. Lémbrase a obrigatoriedade de atender en todo momento as indicacións dos axentes da autoridade, comisarios da proba e persoal de seguridade despregado.
O Concello e a organización do rallye agradecen de antemán a colaboración e comprensión da veciñanza ante as inevitables molestias que este grande evento deportivo poida ocasionar.

