Home Ourense O Tribunal Supremo resolve a favor do Concello e inadmite un recurso...

O Tribunal Supremo resolve a favor do Concello e inadmite un recurso de La Región que alegaba unha presunta discriminación na adxudicación de publicidade institucional

- Anuncio -

O Tribunal Supremo ditou unha providencia na que inadmite o recurso de casación interposto por La Región contra a sentenza ditada poloTribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestimou un recurso da empresa por unha presunta “vía de feito por discriminación na inserción de publicidade institucional” do Concello de Ourense. A resolución do tribunal galego confirmara a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1, que desestimara previamente as pretensións da empresa.

O preito ten a súa orixe na publicación de publicidade do Concello de Ourense, no xornal La Voz de Galicia, a través dun contrato menor, en decembro de 2020. O Xulgado do Contencioso desbotou en primeira instancia os argumentos realizados desde La Región, que alegaba un presunto incumprimento do artigo número 8 da Lei 29/2005 de publicidade institucional xa que esta norma, que regula a publicidade da Administración Xeral do Estado, non é de aplicación aos concellos agás nun dos seus artigos, o número 4, cuxo cumprimento non se cuestionaba nesta demanda.

Entendía tamén o Xulgado que “non se acreditou en modo ningún que a actuación do Concello de Ourense estivese investida de desviación de poder” e que a finalidade da contratación publicitaria “foi dar difusión pública a diversas cuestións de actualidade do Concello, e a dita finalidade non se ve alterada pola circunstancia de que se realice a través dun ou doutro medio sempre que se respecten as normas sobre contratación pública e no seu caso sobre publicidade institucional”.

A sentenza concluía que “en ningún caso pode esixirse que a adxudicación deba facerse ao medio que conta con maior audiencia ou penetración no target ao que vai destinada a publicidade, sen que isto supoña vulneración ningunha do dereito a recibir información veraz, pois o anuncio noutro medio permite que a información chegue igualmente aos cidadáns, aínda que quizais cunha menor difusión, sendo o anunciante, neste caso o Concello de Ourense, o que debe realizar esta elección de medio en función de diferentes parámetros (dispoñibilidades orzamentarias, target, tipo de información…) aplicando en todo caso a normativa sobre contratación pública e publicidade institucional, que no presente caso non consta que se vulnerase”.

A resolución do Contencioso Administrativo foi recorrida en apelación por La Región diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que ditou unha sentenza que desestimou o seu recurso. A resolución do tribunal galego foi recorrida en casación por parte de La Región diante do Tribunal Supremo e este acordou a inadmisión, a través dunha providencia contra a que non cabe recurso.

Relacionadas

O Concello pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua, con 57...

0
AConcellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas...

Luis Menor reúnese coa directiva do Ourense CF para escoitar as necesidades do clube...

0
O presidente da Deputación puxo en valor a celebración da Copa do Rei en Ourense cun resultado que permitiu ao equipo ourensán chegar a...

A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, por obras de saneamento...

0
A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, martes, 11 de febrero, de 8.00 a 22.00 horas, pola realización de traballos de...

Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra o interese...

0
O presidente Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da...

O Concello adxudicará a través dunha poxa a explotación dunha barra de bar en...

0
O Concello de Ourense adxudicará a través dunha poxa a autorización para instalar e explotar unha barra de bar na Praza de Bispo Cesáreo...

A Deputación aproba as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a agrupacións...

0
Tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou...

Publicacións Relacionadas