O Concello de Ourense executará o vindeiro luns 6 e o martes 7 de xullo obras de infraestruturas no eixe formado polas rúas Curros Enríquez, Concello e Xoán XXIII. Os traballos desenvolveranse en dúas fases e ocasionarán unha reordenación no tráfico nas rúas afectadas.
Primeira intervención (Curros Enríquez – Concello). A rúa Xoán XXIII, detrás da Subdelegación do Goberno, pasará a ser de dobre sentido de circulación provisional (dirección Avenida da Habana cara a Curros Enríquez), que estará sinalizado con conos. A parada de autobús urbano do Parque de San Lázaro trasladarase provisionalmente a Curros Enríquez. Os vehículos que saian da rúa Concello deberán xirar á dereita cara a Xoán XXIII en sentido descendente.
Segunda intervención. Unha vez concluídos os traballos anteriores, reabrirase ese nodo e pecharase ao tráfico o treito detrás da Subdelegación do Goberno e non se poderá acceder desde Xoán XXIII á Avenida da Habana.
Autobús urbano
As obras afectarán a varias liñas do servizo de autobuses urbanos (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11, 12 e 16), que seguirán itinerarios alternativos.
Máis información en:
O Concello de Ourense solicita aos condutores a máxima precaución, que presten atención á sinalización circunstancial e que utilicen rutas alternativas mentres duren os traballos.

