A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a execución de diversas actuacións de reparación e mellora no pavimento da Avenida da Habana provocará restricións e cortes puntuais no tráfico rodado, desde o luns 29 de xuño ata o luns 6 de xullo.
Para garantir a seguridade viaria e minimizar o impacto no fluxo de vehículos, a Policía Local solicita aos condutores que transiten pola zona que extremen as precaucións, axeiten a velocidade ás circunstancias da vía e presten a máxima atención á sinalización provisional de obra. Lembra que é de obrigado cumprimento acatar de forma estricta as indicacións de sinalización do persoal habilitado pola empresa e dos axentes da autoridade.
Tamén recomenda á poboación que, na medida do posible, evite os desprazamentos en vehículo por este vial, planifique os seus traxectos con antelación e utilice vías alternativas periféricas para evitar retencións. A Policía Local agradece de antemán a colaboración cidadá ante as molestias que poida ocasionar a execución destes necesarios traballos de mantemento urbano

