Podemos Galicia regulará os prezos do aluguer

adminON
Lectura mínima de 2

A voceira estatal de Podemos e Coordinadora de Podemos Valencia, María Teresa Pérez e Javier Sánchez Serna, Coordinador de Podemos Murcia e deputado no Congreso se desprazaron a Ourense para apoiar a candidatura autonómica da formación, representada polo cabeza de lista provincial, Víctor Ferreiro, e a número dous da lista, Paula Jarque, Coordinadora de Alianza Verde na comunidade.

Na súa intervención , Pérez destacou que Ourense é “a cidade con maior porcentaxe de vivenda baleira do Estado” a pesar do cal habería “un preocupante aumento de nos prezos do aluguer”. Para a Voceira “o señor Rueda tería que dar unha explicación sobre porqué hai galegas e galegos vivindo en condicións indecentes cando teñen unha porcentaxe tan alta de vivenda baleira”.

Pérez declarou: “Dende Podemos plantexamos un plan de rehabilitación para as vivendas do Casco Histórico e a recuperación de vivenda beleira incluíndo as da Sareb.” Asemade, tamén afirmou que con Podemos no gioberno autonómico, sería unha prioridade “regular os prezos do alugueiro, porque todas as galegas e galegos teñen dereito a vivir dignamente, e vivenda e un dereito, non un ben mercado para facer negocio”

Pola súa banda, Víctor Ferreiro fixo un chamamento a “votar en conciencia, a votar como pensas.” O cabeza de lista destacou que “ o votante cunha ideoloxía auténticamente de esquerdas non independentista só atopará nos colexios electorais unha papeleta que lle represente, que será a papeleta de Podemos”. O candidato defendeu que “o verdadeiro voto útil é podemos”, xa que “hai cousas que sen non as decimos nós, non as dirá ninguén”. “As ideas emancipadoras que levamos no noso programa ao principio eran consideradas como mera utopías, e hoxe esas utopías son leis”.

Comparte este artigo