Podemos Ourense esixe á Xunta un centro público para persoas con discapacidade maiores de 21 anos.

adminON
Lectura mínima de 1

O cabeza de lista de Podemos pola provincia de Ourense, Víctor Ferreiro, ven de reunirse, onte día 25, coas nais e pais da Mesa Procapd e de escoitar as súas reivindicacións.

Sobre da debandita reunión declarou o candidato: “Son pais e nais que levan loitando 8 anos sen desmaio pola construción dun centro asistencial para persoas en situación de discapacidade maiores de 21 anos”. Segundo Víctor, “Ourense é a única provincia galega que non conta cun centro público destas características, polo que teñen que optar por levar aos seus fillos e fillas á Coruña ou Sarria ou optar por un centro privado”.

“Nestes catro anos de lexislatura, non obtiveron ningunha reunión coa Conselleira, só obtiveron desleixos. Malia tódolos atrancos, seguiron loitando e mobilizándose nas rúas por darlle unha atención digna aos seus fillos e fillas”, engade o candidato.

Segundo afirma Ferreiro: “Logo dunha morea de obstáculos, a súa maior preocupación é que esixen que a xestión do centro sexa directa da Xunta, porque recelan de que unha vez construído, a Xunta ceda a explotación á unha empresa privada, que primará o negocio antes que unha atención de calidade”.

Comparte este artigo