HomeOurenseOurenseUn treito da rúa Bedoya, desde a rúa do Paseo a Valle...

Un treito da rúa Bedoya, desde a rúa do Paseo a Valle Inclán, pechará ao tráfico hoxe e mañá pola noite por obras

- Anuncio -spot_img

A rúa Bedoya, no treito comprendido entre a rúa do Paseo e a rúa Valle Inclán, estará pechada ao tráfico pola execución de obras de infraestruturas hoxe, martes, 29 de abril, desde as 10 de noite até a 1 da madrugada, e mañá, mércores, 30 de abril, tamén desde as 10 da noite até a 1 da madrugada.

Os taxis non cambiarán de emprazamento a súa parada, pero deberán saír en sentido contrario ao habitual, é dicir, cara a rúa Curros Enríquez.

Publicacións Relacionadas