Home Ourense Velle reunirá esta fin de semana o mellor do fútbol base galego...

Velle reunirá esta fin de semana o mellor do fútbol base galego no X Memorial Manolo Carrera benxamín e alevín

- Anuncio -

O torneo presentouse esta mañá no salón de plenos do Concello, coa asistencia do alcalde, o presidente do Velle, e representantes da Deputación, a Xunta e a Federación Galega de Fútbol


Participarán equipos como o Club Deportivo Velle, Club Deportivo Lugo, Real Club Celta de Vigo e Real Club Deportivo da Coruña.

O campo de Velle reunirá esta fin de semana o mellor do fútbol base galego coa décima edición do Memorial Manolo Carrera, nas categorías benxamín e alevín. Esta mañá tivo lugar a presentación do torneo, na que participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente do Club Deportivo Velle, Francisco Sotelo, o representante da Deputación Provincial, Bernardino González, o delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez e o delegado da Federación Galega de Fútbol, Raúl Rois.

O Memorial contará coa participación de equipos como o Club Deportivo Velle, Club Deportivo Lugo, Real Club Celta de Vigo e Real Club Deportivo da Coruña.

Pérez Jácome manifestou que “é un honor presentar este décimo memorial do torneo que leva o nome de Manolo Carrera, lembrando o “mítico” equipo de fútbol que levaba o seu nome nos anos 80, cando el xogaba ao fútbol. O torneo, avanzou, “será un evento importante” que contribúe ao “espírito de fomentar o deporte”.

Pola súa banda, o presidente do CD Velle, Francisco Sotelo declarou que “para nós é unha honra seguir mantendo o nome de Manolo Carrera nos termos futbolísticos porque foi unha persoa altruísta, que defendeu sobre todo os rapaces, a canteira, e este é a pequena homenaxe que lle podemos facer todos os anos”. O memorial, do que se disputou a semana pasada a fase previa, explicou, “é un torneo no que contamos con todo fútbol base da provincia, porque todos somos de Ourense e temos que estar xuntos”.

Os partidos sucederanse durante toda a fin de semana en Velle. Desde as 10:00 horas, o sábado, na categoría benxamín e o domingo na alevín. As finais, ás 19:30 horas, coa posterior entrega de premios.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas