Home Pontevedra O Condado Verín e Salvaterra reciben á campioa de Europa de Fútbol Sala nun...

Verín e Salvaterra reciben á campioa de Europa de Fútbol Sala nun dobre compromiso amigable ante Portugal

- Anuncio -

Os polideportivos municipais das dúas localidades serán os escenarios que alberguen este dobre compromiso da selección que dirixe Claudia Pons e que conta con catro xogadoras galegas. As localidades para presenciar dous encontros seguen á venda.

A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará dous partidos amigables en Verín e Salvaterra logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou cos dous concellos.

O Comité de designación de sedes de partidos da RFEF decidiu que as localidades galegas de Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra) acollerán os días 7 e 8 de novembro os dous encontros amigables entre España y Portugal. Un dobre compromiso entre as dúas grandes potencias do fútbol sala feminino europeo, que volverán a verse as caras logo de medirse por última vez na semifinal do Europeo en Debrecen (Hungría).

A celebración destes dous partidos será posible gracias á estreita colaboración entre a RFEF, a Real Federación Galega de Fútbol e os concellos das dúas localidades, que xa traballan en todo o necesario para esta gran cita do 40×20 de seleccións nacionais.

O primeiro dos partidos será o martes 7 de novembro ás 18:30 horas en Verín e o segundo será ao día seguinte en Salvaterra do Miño ás 19:00 horas. Os dous encontros poderán verse a través de Teledeporte e RTVE Play.

A selección española volta a Galicia casi catro anos despois. A última vez que xogou en Galicia fora en decembro de 2019, cando España xogara contra Xapón en Pontevedra e Burela, con vitorias por 8-0 e 4-2.

Os dous partidos foron presentados esta mañá nos dous Concellos contando coa presenza da alcaldesa de Salvaterra e do alcalde de Verín, ademáis da seleccionadora nacional, Claudia Pons, do presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, José Miguel Monje, e do presidente da Comité Galego de Fútbol Sala, Pablo Prieto.
…………………
Catro galegas na convocatoria

A seleccionadora absoluta de fútbol sala, Clàudia Pons, fixo oficial a convocatoria para os encontros amigables fronte a Portugal que se disputarán os días 7 e 8 de novembro en Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra), respectivamente. Serán os primeiros encontros do combinado nacional absoluto tras proclamarse campión de Europa o pasado mes de marzo.

As xogadoras concentraranse o domingo 5 de novembro e realizarán tres sesións de adestramento en Verín antes dos encontros.

España xogará este dobre amigable en Galicia con catro xogadoras galegas na convocatoria:
• Silvia Aguete (MCD Torreblanca Melilla)
• Ale de Paz (Poio Pescamar)
• Luci Gómez (AE Les Corts UBAE)
• Vane Sotelo (Arriva AD Alcorcón)

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas