Home Ourense A Limia Manuel Baltar chama á participación da sociedade “nun partido que quere seguir...

Manuel Baltar chama á participación da sociedade “nun partido que quere seguir liderando o futuro de Ourense”

- Anuncio -

· Ante compromisarios, presidentes de agrupacións e cargos municipais detallou as súas propostas, subliñando unha campaña permanente de afiliación e seguir sendo o único partido con maioría feminina no comité executivo

O candidato á reelección da presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar, iniciou hoxe en Verín e Xinzo de Limia a campaña electoral que, baixo o lema “Baltar escoita”, realizará polas comarcas ourensás para presentar o seu decálogo de propostas de cara o 18º Congreso Provincial do PP. Ante compromisarios, presidentes de agrupacións e cargos municipais –alcaldes, portavoces e concelleiros- anunciou que no novo mandato porá en marcha unha campaña permanente de afiliación “para que a sociedade se achegue e participe nunha formación que quere seguir liderando o futuro de Ourense”.

Os partidos, dixo, “nacen das inquedanzas das persoas, crecen cando escoitan e dan respostas cando gobernan”, por iso pediu aos cargos locais que axuden a que manter ao PP de Ourense como o partido co cociente de afiliados por habitante máis importante de España, “e non falamos de números, senón de novos afiliados con ganas de achegar e facer política”.

“Falo de persoas en maiúsculas -engadiu Baltar- que nos identifiquen coa sociedade actual, por iso tamén quero que sigamos sendo referencia de igualdade na política”, lembrando que o PP provincial é a única formación en toda España que conta con maioría absoluta de mulleres no seu comité executivo, citando así outra das iniciativas que integran o seu decálogo.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas