Home Ourense Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral...

Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense de 1986

- Anuncio -

Esta mañá, mércores día 4 de decembro, ás 10:00 h, reuníronse na Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense todos os grupos políticos que forman parte da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense de 1986. Tamén asistiron á sesión técnicos municipais do Servizo de Plan e Xestión Urbanística que se encargan técnica e xuridicamente da tramitación do documento. A reunión foi presidida polo concelleiro de Urbanismo, Francisco Lorenzo López .

Os principais asuntos sobre os que se informou e debateu na reunión foron:

  1. As modificacións propostas polos técnicos municipais, que se centraron en incluír novas dotacións para usos deportivos en distintas zonas da cidade; flexibilizar os posibles usos aos que se poden destinar equipamentos públicos xa previstos no documento e crear novos parques municipais de barrio vinculados ás ribeiras dos leitos fluviais de importantes zonas arborizadas xa existentes.
  1. Así mesmo, identificáronse e explicaron modificacións incluídas no documento de aprobación provisional a pedimento do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
  1. Por último, resolvéronse as dúbidas dos distintos grupos políticos relativos a cuestións varias que expón o documento e a súa tramitación, relativas á seguridade xurídica, ao cumprimento de sentenzas xudiciais, á conveniencia ou necesidade dunha nova información pública, á situación dos informes sectoriais e aos trámites que haberá que realizar ata a aprobación definitiva.

Relacionadas

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos...

0
O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a...

0
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor...

Podemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia contra Gonzalo...

0
Podemos Ourense apoia ao Colexio de Xornalistas de Galicia na súa denuncia contra Gonzalo Pérez Jacome por suprimir as roldas de prensa.Desde Podemos Ourense...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Publicacións Relacionadas