45 alumnos de Soutomaior regresan do programa de formación en inglés en Atholone

Redacción
  • A estadía foi de 6 días e 5 noites mediante os cales as alumnas e alumnos asistiron a clases de inglés e conviviron con familias da cidade de Athlone
  • Unha actividade onde o concello de Soutomaior sufragou, canto menos, o 50% dos custes desta viaxe por alumna e alumno empadroado no concello.

Á 1:30 da madrugada, na pasada noite, remataba o programa de formación do cal desfrutaron 45 alumas e alumnos de 4º da ESO do concello de Soutomaior.

Unha formación onde o alcalde, Manu Lourenzo, asistiu a un acto institucional onte conversou e coñecer ao Alcalde de Atholone, Vinny McCornack e ao primeiro ministro da República de Irlanda, Michaél Martin.

Hoxe, o alcalde quixo facer balance desta positiva experiencia. Manu Lourenzo dixo nesta xornada que dende o Goberno de Soutomaior, con esta iniciativa, “tratamos de potencia a aprendizaxe de novas linguas, neste caso de inglés, cun programa que ten moito que ver tamén co coñecemento de novas culturas coa integración e inmersión non só lingüística senón tamén o coñecemento de novas persoas, novas culturas, novas cidades, novos lugares”. O alcalde lembrou que se trata dun “proxecto que supón un esforzo importante para o concello de Soutomaior pero que está sumamente xustificado e gratificado cando vemos as nosas mozas e mozos aprendendo nun lugar tan marabilloso como o é Irlanda. Ao longo destes días tivemos a oportunidade de visitar diferentes lugares Ahtolone, Dublín, Galway, experiencias que lle permitiron desfrutar e que tamén enriquece ao concello”. En relación a isto o alcalde ten claro que “cando temos unha mocidade formada, que coñece culturas, que é capaz de respectar a diversidade lingüística do mundo creo que somos un concello mellor. E non quero deixar de aproveitar a ocasión para recoñecer a actitude e comportamento que tiveron as mozas e mozos de Soutomaior, son un exemplo para todo mundo, souberon amosar a educación, saber estar como alcalde soamente podo agradecer a esta mocidade, que en tantas ocasións se pon como exemplo para cousas negativas, creo que en Soutomaior amosaron que hai futuro,  e que amosaron que en Soutomaior temos unha mocidade que ten ganas de aprender e amosa que ser veciños de Soutomaior é un orgullo e que representa valores como a educación, a formación e a cultura, son un exemplo e por estes mozas e mozos vale a pena calquera esforzo”.

Trátase dun programa de inmersión lingüística que lle permitiu ao alumnado entrar en contacto directo co idioma e a cultura de Irlanda.

Unha actividade onde o concello de Soutomaior sufragou, canto menos, o 50% dos custes deste programa por alumno e alumna empadroada no concello. Cantidade que, en función da renda e das circunstancias sociais e familiares, algunhas familias acadaron o 75% do custe da estadía por alumna ou alumno.

Deste xeito, o concello de Soutomaior, adicou unha partida de 25 mil euros para este programa en Irlanda que incluíu os gastos de aloxamento e manutención e diferentes actividades culturais como a visita a Dublín, que se realizou na xornada do sábado, ou a Galway que se realizou o domingo.

Comparte este artigo