- A estadía é de 6 días e 5 noites mediante os cales as alumnas e alumnos asisten a clases de inglés e xa están convivindo con familias da cidade de Athlone
- Unha actividade onde o concello de Soutomaior sufragou, canto menos, o 50% dos custes desta viaxe por alumna e alumno.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, deulle a benvida ás alumnas e alumnos que xa están desfrutando do programa en Irlanda “Ministays en inglés Soutomaior 2026”. Na pasada noite, as alumnas e alumnos chegaron á cidade Athlone onde están aloxados, en diferentes familias da zona, ata o vindeiro 4 de maio.
Esta mañá o alumnado comezou a súa formación coa asistencia a clases de inglés ao longo da mañá. Trátase dun programa de inmersión lingüística que lle permitirá ao alumnado entrar en contacto directo co idioma e a cultura de Irlanda.
Unha actividade onde o concello de Soutomaior sufragou, canto menos, o 50% dos custes deste programa por alumno e alumna empadroada no concello. Cantidade que, en función da renda e das circunstancias sociais e familiares, algunhas familias acadaron o 75% do custe da estadía por alumna ou alumno.
Deste xeito, o concello de Soutomaior, adicou unha partida de 25 mil euros para este programa en Irlanda que inclúe os gastos de aloxamento e manutención e diferentes actividades culturais como a visita a Dublín, que se realizarán na xornada do sábado, ou a Galway que se realizará o domingo.
O alcalde, Manu Lourenzo, lembrou hoxe que “a posibilidade de facer estadías nestes países son oportunidades únicas para que o alumnado poida aprender inglés e coñecer outros países e tecer lazos co alumnado e familias de Irlanda e tamén para que poidan aprender inglés e verse en contextos de empregar este idioma. Eu tiven a oportunidade de facer unha destas estadías e foi algo moi positivo. O que queremos dende o Goberno de Soutomaior é que o alumnado do concello poida desfrutar deste programa con independencia da súa situación económica”.

