Home Pontevedra A Paradanta 59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

- Anuncio -


O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos

A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado, a Paradanta, Salceda de Caselas e Tui, O Concello de Covelo e a organización da marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino mantiveron unha reunión de traballo para ultimar os preparativos. O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e os organizadores da marcha, Jesús Carballido e Andrés Cabana, repasaron as necesidades do tramo que percorre o concello.

Como novidade, a organización adiantou que o 26 de maio, data prevista para a marcha, homenaxearán ao exciclista Suso Carballido contando como convidado especial co gañador da La Vuelta a España 2005, o ciclista Roberto Heras.

A día de hoxe xa hai 250 inscritos pero a organización prevé chegar aos 400. A marcha ofrecerá dous itinerarios, un curto e outro longo de de 67 e 123 km respectivamente tendo o primeiro 1000 metros de desnivel acumulado nun recorrido exixente pero asumible e o segundo 2150 metros de desnivel acumulado.

O alcalde de Covelo sinala que o paso da marcha cicloturista Clásica Álvaro Pino é sempre recibida con ledicia e ilusión ao ser esta unha vila con moitas persoas afeccionadas ao ciclismo. “Somos un destino moi habitual para ciclistas de toda a área metropolitana, é doado ver pasar ciclistas calquera día da semana aínda que nas fins de semana se incrementa o número de persoas e incluso de grupos que practican este deporte tanto de montaña como de estrada no noso concello aproveitando para descobrir paisaxes e tamén a nosa gastronomía”.

Relacionadas

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Publicacións Relacionadas